noticias-blog

Viernes, 29 Marzo 2024

WWW.PAUDENAVIA.NET SELECCIONADA PARA LOS PREMIOS EGANET 2005

A páxina web www.paudenavia.net ten o pracer de comunicar a tódolos seus usuarios e visitantes a preselección desta para os premios EGANET 2005.
A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET) seleccionou á candidatura da páxina web www.paudenavia.net para a III Edición dos seus premios. Coa creación dos premios, EGANET tenta estimular o labor de creación dos empresarios e profesionais que, sentíndose comprometidos coa expansión da Sociedade da Información en Galicia, deseñan, programan e desenvolven productos e servizos que teñen en internet e as novas tecnoloxías da información a súa razón de ser.

A paxina entrará a concurso dentro do apartado "Premio Presencia en Internet".Nesta categoría terán cabidas o portais e páxinas web galegos, corporativas ou empresariais, xenéricos ou sectoriais, buscadores locais ou autonómicos, que non supoñan unha actividade de comercio electrónico. Premiarase a súa utilidade, deseño e as súas funcionalidades de cara ós internautas galegos. Con esta iniciativa EGANET quere promocionar e servir de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados de xeito íntegro en Galicia por empresas galegas no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, dando a coñecer a tódolos sectores da sociedade galega os resultado do traballo das empresas e profesionais galegos neste ámbito.
O número de categorías a premiar son 11: Premio Xoves Emprendedores, Premio á Mellor Producción Multimedia, Premio ao Mellor Negocio On Line, Premio á Web de Medios de Comunicación, Premio Presenza Informativa, Premio Tecnología Accesible, Premio ao Mellor Uso e Tecnología de Código Aberto, Premio Presenza Institucional en Internet, Premio á Mellor Aplicación de Mobilidade, Premio á Mellor Solución On Line. Tamén hai un Premio Especial: o Premio de Honra á personalidade galega que máis se esforcé en dar a coñecer e impulsar a realidade galega no entorno Internet e, deste xeito, contribúa a promocionar as novas tecnoloxías en Galicia.
A III Edición da entrega de Premios EGANET terá lugar o 16 de decembro no Centro Social Caixanova de Vigo. O acto está patrocinado pola Secretaría Xeral de Comunicación de Presidencia e a Consellería de Innovación e Industria e conta coa colaboración da Confederación de Empresarios de Pontevedra e o Centro de Demostración Tecnolóxica i-nova.
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

Próximos eventos

No hay eventos

Colaboran con esta web