SE REALIZARA UN PROYECTO DE AMPLIACION DE LA AVV NAVIA.

El pasado 23/03/06 en la Gerencia de Urbanismo se ha aprobado la moción del grupo BNG sobre la creación de un proyecto para la ampliación de la Asociacion de Vecinos de Navia.
Se adjunta acta del consello de Gerencia de Urbanismo. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL BNG SOBRE AMPLIACIÓN DO LOCAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE NAVIA.( DOC. 60027069).

Antecedentes:

Coa data 14.03.06 o Grupo Municipal BNG presenta no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo unha moción, rexistrada co nº de documento 60027069, que literalmente dí­:

"PROPOSTA PARA A AMPLIACIÓN DO LOCAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE NAVIA"
Unha das maiores riquezas que temos no noso concello é o movimento asociativo nos máis diversos eidos e niveis. A dinámica de Vigo ven dada por unha cidadanía puxante, activa e identificada coa súa cidade, que a sinte dun xeito intenso. Sempre fomos un referente en canto a técido asociativo, en canto a dinámicas movilizadoras e temos destacado por ser reivindicativos. Esta cualidade forma parte do xeito de ser dun cidadán ou cidadá vigués/viguesa e, mostrándose das máis diversos xeitos, ten servido para converter a Vigo na primeira cidade da Galiza e un referente en todo o Estado.
O que para algúns pode ser unha tacha, para outros significa un potencial que debemos ter en conta e, a pesar das dificultades, permite sumar enerxías e sinerxías que cando atopamos a confluencia, desborda capacidade e ilusión. Desta realidade foron conscientes ou deron conta diversas corporacións municipais e boa proba delo son os moitos locais de propiedade municipal que están cedidos en uso a asociacións e entidades diversas e variadas.
Dentro desta rede cí­vica destacan pola súa extensión e amplitude as asociacións de veciños que, a súa vez, realizan un traballo de colaboración co Concello de xeito inestimábel e permite multiplicar os esforzos da administración local para mellorar a calidade do contorno e de vida dos vigueses e viguesas.
É a Asociación de Veciños de Navia unha destas asociacións que destaca pola súa actividade, prestacións e compromisos cos habitantes desta parroquia e de todo Vigo. As actividades e cursos polos que se moven máis de 400 persoas; os servizos de biblioteca (perto de 1.700 volumes), punto de acceso a internet, aula de informática, emisora de radio veciñal, sala de conferencias, auditorio veciñal; as sesións de cinema, exposicións e conferencias; as xuntas das cooperativas de vivendas relacionadas co polígono de Navia; a actividade desenvolta pola Asociación Viguesa de Espondiliticos de Pontevedra, as xuntas desenvoltas polos novos habitantes das novas urbanizacións, etc.. xera unha actividade frenética que colide, pois o espazo disponí­bel xa fai tempo que quedou superado con creces. Os novos retos aos que se enfronta a asociación, como son as 20.000 persoas novas que residiran nos novos espazos habitacionais do PAU de Navia, ponna nunha situación difícil de superar se non se toman medidas a tempo. Por outro lado os terreos sobre os que se asenta dita asociación son de propiedade municipal. Son estes razoamentos os que obrigan ao grupo municipal do BNG a propor a seguinte resolución:
Que por parte da oficina de proxectos da Xerencia Municipal de Urbanismo se realice un proxecto de ampliación das instalacións da Asociación de Veciños de Navia de acordo coas necesidades plantexadas por dita entidade. "
Sr. Ruí­z Ceniceros: E importante actualizar as asociación de veciños pero compre ter unha modificación presupuestaria que non temos.

Votación:

EN CONTRA Ningún voto
ABSTENCIÓNS: 3 votos: PS de G-PSOE: Sres Barros Puente, Graña Barcia e Ruí­z Ceniceros
A FAVOR: 7 votos: 3 do BNG (Sres Fernandez Fernandez, Mendez Piñeiro e Vieitez Alonso) 1 do PG (Sr Soto Ferreiro) e 3 do PP (Sres Figueroa Vila, López Chaves Castro e Molares Pérez)

Acordo:
O Consello, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8.a) dos Estatutos da Xerencia, por maoría, adopta o seguinte acordo:
Aprobar a moción presentada polo Grupo Municipal BNG, e, en consecuencia, que por parte da oficina de proxectos da Xerencia Municipal de Urbanismo se realice un proxecto de ampliación das instalacións da Asociación de Veciños de Navia de acordo coas necesidades plantexadas por dita entidade.
  • No se han encontrado comentarios
Powered by Komento