NUEVA CONCENTRACION PRO RECEPCION DE AS TEIXUGUEIRAS

A Asociación Veciñal de Navia convoca de novo para o próximo domingo 28 de maio ás 12.00 horas unha concentración reivindicativa na rotonda da Avenida de Europa. O motivo da concentración é reivindicar unha vez máis a recepción da totalidade da rúa por parte do Concello de Vigo co obxeto de normalizar a situación dos veciños do barrio de As Teixugueiras.
Sen este trámite municipal, máis de 300 familias xa residentes, levan agardando meses a implantación de servizos que lles corresponde. Moitas familias están a vivir en condicións precarias e outras moitas non poderán vivir nas súas vivendas namentres non se rececpcione o vial.
Os máis de 500 veciños que xa residen nese tramo de rúa Teixugueiras carecen dun sistema axeitado de recollida lixo, mobiliario urbano e non teñen servizo de limpeza nas rúas e beirarrúas.
A falta de recepción da rúa por parte do Concello provoca que ese tramo de rúa Teixugueiras esté sin iluminación ocasionando gravísimos riscos de seguridade para a circulación de vehículos e peóns. Un tramo transitado por escolares e nenos residentes nas vivendas alí­ situadas e habitadas dende hai varios meses.
Ante todo o esxposto a Asociación Veciñal de Navia convoca a tódolos veciños/as afectados/as a concentrarse na rotonda da Avenida de Europa ás 12.00 horas do domingo 28 de maio como motivo de repulsa e presión ante o Concello por esta deplorable e tercermundista situaci
  • No se han encontrado comentarios
Powered by Komento