LA AVV NOVO VIGO COMIENZA LOS CONTACTOS CON LOS COLECTIVOS DEL BARRIO

Esta semana la Junta Directiva de la Asociación de Vecinos Novo Vigo ha iniciado los contactos con los vecinos de Teixugueiras. La primera cita ha sido con la asociación “Espazos Comúns”, una Asociación Cultural que agrupa a más de 100 personas, vecinos de Teixugueiras 16, creada en 2009 para dotar a la comunidad de un espacio de convivencia.

La reunión se ha centrado en conocer el funcionamiento de la asociación, su origen, actividades, su comunidad, la problemática del barrio desde su punto de vista, y las soluciones que proponen desde su experiencia de estos años en la vecindad.
Se han establecido los canales de comunicación adecuados para colaborar mutuamente en todo lo que esté al alcance de ambos colectivos.

El parque, su mantenimiento y vigilancia, la limpieza, las dotaciones y equipamientos pendientes, y las comunicaciones con la ciudad han sido algunas de los primeros asuntos sobre los que se ha solicitado agilizar las soluciones por parte de las  administraciones competentes.

Esta actividad forma parte de la rueda de entrevistas que la Asociación de Vecinos de Novo Vigo tiene previsto mantener con los colectivos, comunidades, vecindad y autoridades para recabar propuestas a unos, y darles a conocer a otros dichas propuestas, resolver las prioridades, y acelerar las soluciones que se puedan plantear.

Gente en la conversación

• (II Parte) Porque antes de que se construísen os actuais edificios e os futuros edificios e vivendas, xa se loitou en Navia para evitar que os políticos da época convertesen esa zona nun “Parque Botánico” de un millón de metros cadrados, que estrangulaba as esperanzas dos veciños/as e propietarios/as destes campos, por poder algún día edificar nestes terreos, para deixarlle as seguintes xeracións un patrimonio e un lugar no que vivir. E despois seguiuse loitando para evitar que se continuase o “Polígono de Coia” ata a area da praia de Samil, (como tamén pretendían os seguintes políticos de turno). E houbo que reunirse e loitar para facer un “pau” en Navia que, a pesar de ter que levar edificios altos, que non foxe todo así: que se agrupasen, que se baixase progresivamente a altura das construcións a medida que se acheguen á zona “vella”, que se desenrolase este pau coa unión do resto do barrio xa existente, e que se planificase a dotación de servizos e instalacións públicas de toda índole para a cidadanía. E se estivo que estar moi pendente destes temas, para evitar erros que despois non terían solución posible.
Pero na actualidade, os compoñentes da Asociación Veciñal, continúan traballando por esta nova zona do barrio, a pesares de que tanto nesta páxina coma no foro desta páxina, coma noutros lugares, pretendan dar a entender o contrario e ignoren, menosprecen, ou minimicen o traballo dos veciños/as desta parte nova de Navia que están ou que estiveron formando parte da Vogalía de Teixugueiras da Asociación Veciñal, coma dos demais directivos e que viven na zona “vella” de Navia. (sigue …)

• (III Parte) … de toda índole para a cidadanía. E se estivo que estar moi pendente destes temas, para evitar erros que despois non terían solución posible. Pero na actualidade, os compoñentes da Asociación Veciñal, continúan traballando por esta nova zona do barrio, a pesares de que tanto nesta páxina coma no foro desta páxina, coma noutros lugares, pretendan dar a entender o contrario e ignoren, menosprecen, ou minimicen o traballo dos veciños/as desta parte nova de Navia que están ou que estiveron formando parte da Vogalía de Teixugueiras da Asociación Veciñal, coma dos demais directivos e que viven na zona “vella” de Navia.
Non quero estenderme mais. Se acaso, dicir que, con respecto ás declaracións que os directivos da nova Asociación de “Veciños” Novo Vigo fan no foro desta páxina, ou sobre a entrevista da Presidenta nun xornal de Vigo e noutros medios de comunicación, exporei gustoso e con detalle o que penso sobre o que se comenta, aclarando algunhas cuestións entre as que destacaría as falsidades que se citan e que necesitan unha resposta respectuosa pero contundente, baixo o meu humilde punto de vista.

• (e IV Parte) … as que destacaría as falsidades que se citan e que necesitan unha resposta respectuosa pero contundente, baixo o meu humilde punto de vista.
Por último, mostrar a miña incomprensión á desaparición do enlace que levaba á web da Asociación Veciñal “Emilio Crespo” de Navia que antes estaba na páxina de inicio de Pau de Navia.net
Se “molestaba”, tamén sería conveniente retirar o enlace a “Navia Sociedade Deportiva”, toda vez que esa entidade naceu no seno da Asociación Veciñal citada, e que incluso comparten directivos nas respectivas Xuntas.
Uxío Figueroa Costas. Veciño do barrio/parroquia/zona de Navia, Vigo.

• (I Parte) Se o webmaster desta páxina me permitirme que exprese o meu parecer a esta noticia que publica e asina, e principalmente á do pasado xoves que leva o título “Una nueva Asociación de Vecinos para Teixugueiras”, quixera expoñer o seguinte:

Por respecto ao xénero feminino, tan capaz e válido coma o masculino, hai xa moitos anos que deixou de utilizarse a expresión “Asociación de Vecinos”, en masculino (termo “machista” e típico doutras épocas), e se utiliza “Asociación Vecinal”. De feito, nos Estatutos das Asociacións Veciñais así consta en innumerables citas, se estes Estatutos son novos ou foron reformados e/ou actualizados.
O exposto nestes dous artigos relacionados, ao meu parecer menosprezan o traballo da Asociación Veciñal “Emilio Crespo” de Navia:

Tanto os actuais compoñentes da Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Navia coma os das anteriores Xuntas (e por anteriores refírome aos últimos 25 anos), xa estiveron traballando no que hoxe se coñece por “pau de Navia”. (segue ...)

• Moitas grazas por poñer de novo o enlace á Asociación Veciñal "Emilio Crespo".
E supoño que pronto terá tamén "Novo Vigo" un enlace, xa que tamén é unha entidade relacionada con esta zona.

Un saúdo.

• Invitado - David Trigo

O exposto nestes dous artigos relacionados, ao meu parecer menosprezan o traballo da Asociación Veciñal “Emilio Crespo” de Navia

Supoño que te referirás ao feito da creación da nova AVV Veciñal. Todo o contido das dúas noticias foron extraidos de comunicados expresados pola propia AVV Novo Vigo. Esta páxina e o autor da noticia (eu mesmo) intenta situarse nun contexto neutral e únicamente expón as noticias da maneira máis obxetivas posibles sen emitir xuizos de valor nin opinións persoais.
A miña opinión sobre o tema será emitido nos foros cando así o considere necesario, xa que non deseo que neste asunto esta web se posicione hacia un bando ou hacia o outro, senón que pretendo manterme ao marxen.
Ambos implicados xa coñecen de primeira persoa as miñas opinións.

• Invitado - David Trigo

(e IV Parte) … Por último, mostrar a miña incomprensión á desaparición do enlace que levaba á web da Asociación Veciñal “Emilio Crespo” de Navia que antes estaba na páxina de inicio de Pau de Navia.net
Se “molestaba”, tamén sería conveniente retirar o enlace a “Navia Sociedade Deportiva”, toda vez que esa entidade naceu no seno da Asociación Veciñal citada, e que incluso comparten directivos nas respectivas Xuntas.

A desaparición do enlace da AVV Emilio Crespo foi un erro que cometín cando creei o enlace da Asociación de Comerciantes do barrio e non me dera de conta ata a túa queixa. Xa está solucionado.
Por favor, non busques maldad ninguna nela, porque foi un despiste e como tal asumo a miña culpa.

• Invitado - David Trigo

Se o webmaster desta páxina me permite que exprese o meu parecer a esta noticia que publica e asina ........................

Faltaría mais que alguén non puidera expresar a súa opinión.

Por respecto ao xénero feminino, tan capaz e válido coma o masculino, hai xa moitos anos que deixou de utilizarse a expresión “Asociación de Vecinos”, en masculino (termo “machista” e típico doutras épocas), e se utiliza “Asociación Vecinal”.

Tampouco imos ser máis Papistas que o Papa. A expresión Asociación de Veciños ao meu entender non expresa ningún término machista nin por suposto esa era a intención. E descoñecía esa puntualización, así que non é necesario abrir ningún debate referente a este aspecto porque sería sacar os pes do testo e buscar algunha polémica onde non a hai.

• Invitado - David Trigo

(III Parte) … Pero na actualidade, os compoñentes da Asociación Veciñal, continúan traballando por esta nova zona do barrio, a pesares de que tanto nesta páxina coma no foro desta páxina, coma noutros lugares, pretendan dar a entender o contrario e ignoren, menosprecen, ou minimicen o traballo dos veciños/as desta parte nova de Navia

Dou fe de que a Asociación Veciñal de Emilio Crespo continúa traballando nesta zona a través da vogalía de Teixugueiras. Nos foros pode ser que non todo o mundo coñeza esa labor (ollo, opinións personais de cada un dos usuarios rexistrados non desta páxina). Repito e insisto en que esta páxina intenta manterse nun punto intermedio. E non estaría de mais recordar que tuven o pracer de colaborar e traballar persoalmente nesa Vogalía nos primeiros meses da súa creación, e incluso antes de que se formase, pero por distintas circunstancias non puiden colaborar máis e agora coa nova directiva estou un poco afastado e desconectado.

• Grazas outra vez.
E desculpa se o meu ton non foi o axeitado.

Un saúdo.

Powered by Komento