MANIFESTACION POR EL CENTRO DE SALUD DE NAVIA

2017 01 09

A Plataforma SOS Sanidade Pública, a Xunta de Persoal da Área sanitaria de Vigo e a A.VV. Novo Vigo, temos convocado unha MANIFESTACIÓN o mércores día 11 de xaneiro, ás 19:00 horas desde o número 18-20 da rúa As Teixugueiras até o Centro de Saúde de Navia.

É moi importante a participación de tódalas familias, de toda a Veciñanza do noso Barrio, e de Vigo!! A situación puntual que afecta ao Centro de Saúde de Navia é un indicador do que está a suceder na Atención Primaria da Área de Vigo.

A falta de persoal na Atención Primaria da Área sanitaria de Vigoé ben coñecida por todas e todos pois a sufrimos cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia. Esta situación agrávase aínda máis cando necesitamos acudir ás consultas de pediatría. As causas desta situación son os recortes de prazas e a mala planificación nas necesidades dos profesionais, no caso da pediatría, xunto cunha política de contratación so centrada no aforro económico.

Por todo isto reclamamos, de xeito urxente:

  • No se han encontrado comentarios
Powered by Komento