noticias-blog

Martes, 25 Julio 2017

MANIFESTACION POR EL CENTRO DE SALUD DE NAVIA

2017 01 09

A Plataforma SOS Sanidade Pública, a Xunta de Persoal da Área sanitaria de Vigo e a A.VV. Novo Vigo, temos convocado unha MANIFESTACIÓN o mércores día 11 de xaneiro, ás 19:00 horas desde o número 18-20 da rúa As Teixugueiras até o Centro de Saúde de Navia.

É moi importante a participación de tódalas familias, de toda a Veciñanza do noso Barrio, e de Vigo!! A situación puntual que afecta ao Centro de Saúde de Navia é un indicador do que está a suceder na Atención Primaria da Área de Vigo.

A falta de persoal na Atención Primaria da Área sanitaria de Vigoé ben coñecida por todas e todos pois a sufrimos cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia. Esta situación agrávase aínda máis cando necesitamos acudir ás consultas de pediatría. As causas desta situación son os recortes de prazas e a mala planificación nas necesidades dos profesionais, no caso da pediatría, xunto cunha política de contratación so centrada no aforro económico.

Por todo isto reclamamos, de xeito urxente:

  • Utilizar tódolos recursos dispoñibles na actualidade no Centro de Saúde de Navia, para o que é preciso dotalo de máis persoal de medicina de familia, pediatría, de enfermería, matronas, fisioterapeutas, auxiliares, persoal de servizos xerais, etc. Este Centro ten unha importante lista de espera para cambiar de médico de familia e polas características da súa poboación precisa reforzar de xeito importante a Pediatría.
  • Crear un Centro de Atención Primaria no Anexo II do H. Xeral que permita, ademais do traslado xa feito da rúa Bolivia, redistribuír tarxetas sanitarias dos Servizos de Atención Primaria da Dobrada e rúa Cuba e adscribir as do barrio de San Roque na contorna do Hospital Xeral.
  • Dedicar os Centros de Especialidades, tralo seu peche, á Atención Primaria para mellorar o espazo dispoñible no CS da Dobrada e para desconxestionar López Mora (que está en malas condicións) e Coia.
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

SE ALQUILA PLAZA DE GARAJE EN TEIXUGUEIRAS 27SE ALQUILA PLAZA DE GARAJE EN TEIXUGUEIRAS 27
AlquilerTeixugueiras, 2730€ EUR
SE ALQUILA PLAZA DE GARAJE EN C/TEIXUGUEIRAS 27
Kit tortuguera pequeñaKit tortuguera pequeña
En ventaSin especificar20 EUR
Kit tortuguera pequeña como nuevo: 20€. Tortuguer ...
Kit completo tortugueraKit completo tortuguera
En ventaSin especificar70 EUR
Kit completo tortuguera como nuevo: 70€. Acuario ...
Venta garaje Teixugueiras 13
En ventaTeixugueiras, 1319500 EUR
Ascensor pegado a plaza de garaje

Próximos eventos

Colaboran con esta web