noticias-blog

Jueves, 09 Diciembre 2021

O IGVS e Xestur-Pontevedra colaboran na urbanización do solo residenc

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) encargará a Xestur-Pontevedra as obras de urbanización necesarias para completa-la urbanización do solo residencial de San Paio de Navia, en Vigo, así­ como o seu seguimento e control ata a súa total realización. A Administración autonómica investirá nesta actuación un total de 994.552,87 euros (case 165,5 millóns de pesetas). "En virtude do convenio que foi autorizado hoxe polo Consello da Xunta para a súa sinatura, o IGVS aprobará cada un dos elementos básicos que configuren as devanditas actuacións e ratificará a recepción das obras. Ademais, manterá a súa condición de promotor en tódalas xestións e tramitacións ante as empresas de servicios urbanos. Pola súa banda, Xestur-Pontevedra encargarase da contratación das obras e dos técnicos facultativos para a súa dirección e notificaralle ó IGVS a recepción das actuacións para a súa ratificación. A MAIOR PROMOCIÓN DE SOLO RESIDENCIAL DE GALICIA A Xunta de Galicia está a desenvolver en San Paio de Navia a maior operación de Galicia en urbanización de solo residencial destinado a vivendas de protección pública. As obras de urbanización das etapas 1 e 2 atópanse actualmente en execución, estando previsto o seu remate a comenzos do mes de setembro próximo. Ó mesmo tempo, xa foi convocado o concurso público de venda das sete primeiras parcelas que o IGVS alleará en Navia (DOG do 8-xullo-2002) para a construcción de 1.488 vivendas protexidas. Unha vez urbanizada a totalidade do ámbito de San Paio de Navia facilitarase a construcción de máis de 4.300 vivendas protexidas, das que a meirande parte (3.300 vivendas) estarán nas etapas 1 e 2 actualmente en obras. En total, San Paio de Navia afecta a unha superficie de 728.865 metros cadrados, dos que 356.874 metros cadrados corresponden ás fases 1 e 2. GRANDES ZONAS VERDES O Plan parcial de San Paio de Navia reserva para zonas verdes máis de 167.000 metros cadrados, e para equipamentos máis de 131.000 metros cadrados. Estas cifras da unha idea dos grandes espacios da zona, que se complementan con máis de 211.000 metros cadrados de itinerarios peonís e sistema viario. O mesmo plan parcial contempla a edificación das vivendas en edificios de ata 12 alturas, dunha banda, e en vivendas unifamiliares adosadas, con baixo e un andar, de outro. Desta maneira búscase un mínimo impacto ambiental, conseguindo que as vivendas máis próximas ó núcleo tradicional de San Paio se axusten ás características da edificación xa existente. En San Paio construiranse máis de 10.000 prazas de aparcamento, é dicir, 2,3 por cada vivenda, situándose nos estándares máis altos para este tipo de urbanización. Finalmente, existirán máis de 122.000 metros cadrados de uso terciario e comercial. A urbanización de San Paio de Navia estará dotada de tódolos servicios necesarios nunha cidade moderna e cabe salientar que baixo o sistema viario está prevista a construcción dunha galería de servicios, con destino ás conduccións de auga, enerxía eléctrica e telefonía, co que no futuro non será necesaria a apertura de ningunha clase de gabia para incorporar servicios novos. Unicamente o gas cidade, por razóns de seguridade, non pode ir dentro desta galería de servicios. "
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

Próximos eventos

No hay eventos

Colaboran con esta web