2.400 METROS CUADRADOS PARA EL OBISPADO.

El pasado 23/03/06 se ha aprobado la segregación de 2.400 metros cuadrados de la parcela S-1 del PAU de Navia, de un total de 6.300, de uso dotacional para su cesión al obispado y que pudiera disponer de ese terreno para la posible construcción de una nueva iglesia o casa parroquial. 5. RECTIFICACIÓN DO ACORDO DE APROBACIÓN DO CONVENIO DE CESIÓN DE TITULARIDADE DE APROVEITAMENTO E DOTACIÓNS DO PLAN PARCIAL DE NAVIA. EXPTE. 4609/401.
Antecedentes:
Coa data 15.03.06 o técnico de administración xeral da Oficina de Planeamento e Xestión informa:
Con data 03.06.1996 o Pleno do Concello acordou aprobar definitivamente o Plan parcial de Navia (expte. 2444/411, BOP núm. 183, do 20/09/1996), en desenvolvemento do programa de actuación urbanística aprobado no 08/02/1996. Dito acordo clarexouse noutro posterior de data 29.04.2002 (expte. 7556/411, BOP 19/07/2002). No 03.10.1997 o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou aprobar definitivamente o Proxecto de Urbanización dese ámbito (expte. 3992/401).
O 09.08.2002 "Xestur Pontevedra", presentou unha primeira solicitude de modificación puntual do Plan parcial (expte. 7849/411), acompañada de documentación técnica, redactada pola entidade mercantil "Alameda 12 SL" e asinada polo enxeñeiro de camiños, canles e portos D. Benito Fernández. En data 13/11/2002 remití­uselle a "Xestur Pontevedra" copia dos informes emitidos ao respecto pola CPTOPV da Xunta de Galicia (do 08/11/2002), Ministerio de Fomento (30/10/2002) e Subdirección Xeral de estradas da Xunta de Galicia (11/09/2002), para corrección da documentación.
O 12.06.02, o Consello da XMU acordou declarar a inncesariedade de parcelación ou de operacións reparcelatorias.
O 14.01.2003 "Xestur Pontevedra", á vista da entrada en vigor da nova Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia (LOUGA), presentou unha nova documentación corrixida, substancialmente diferente da anterior, que incorpora novos criterios na ordenación.
Con data 04.07.2004 o arquitecto xefe e o técnico de administración xeral da oficina municipal de Planeamento emitiron informe-proposta favorable á aprobación inicial da modificación puntual. No 19.07.2004 a Xunta de Goberno Local acordou dita aprobación inicial. A continuación abrí­use un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG 176, do 09.09.2004, e nos diarios Faro de Vigo, La Voz de Galicia e Atlántico dos días 06.08.2004 e 07.08.2004, así­ como con notificación individualizada aos afectados.
En data 18/03/2005 a Comisión Superior de Urbanismo da Xunta de Galicia emitiu informe favorable sobre esta modificación puntual.
O Pleno do Concello en sesión ordinaria do 25 de abril de 2005 acordou aprobar definitivamente a modificación puntual núm. 1 do plan parcial de Navia, promovida por "Xestur Pontevedra" (Xunta de Galicia), na súa última versión, con documentación redactada pola entidade mercantil "Alameda 12 SL", asinada polo enxeñeiro de camiños, canles e portos don Benito Fernández, datada en febreiro de 2004 e xaneiro de 2005 (expte. 7849/411).
O 9.05.05 "Xestur Pontevedra" presenta escrito no que se solicita autorización de segregación de 2.500 metros cuadrados, da parcela destinada no Plan Parcial a equipamento social (parcela global de 6.700 m2). O expediente está pendente de resolución e mentres tanto, procedería unicamente a cesión parcial da parcela destinada a equipamento social, é decir 4.200 metros cuadrados.
O 22.06.05 a Xunta de goberno local acordou o seguinte: "(...) De acordo co previsto nos fundamentos legais e xurídicos contidos no presente informe se propoñe á Xunta de Goberno Local:
1.- Aprobar o convenio especí­fico de cesión da titularidade de terreos destinados a espacio libre, terreos ocupados polo viario correspondente ás "Rúas 1-A, 1-AA e 1-EE", equipamento (docente, social e deportivo), así­ como a cesión da parcela descrita no plan parcial co número XVII asignada ó Concello pola participación no aproveitamento urbanístico da actuación (...)". A descripción da parcela destinda a equipamento social, sita na etapa II, era a seguinte: "(...) Mide a superficie de seis mil setecentos metros cuadrados (6.700 m2). Linda: Norte espacio libre P-2, Sur Rúa 2-f, Leste espacio libre P-2 e Oeste, Rúa 2-d (...)". Desta parcela, se conveniou a cesión do seguinte: "(...) Parcela sita na etapa II (Parcela S-1), destinada a equipamento social. Mide a superficie de seis mil setecentos metros cuadrados (6.700 m2). Linda: Norte espacio libre P-2, Sur Rúa 2-f, Leste espacio libre P-2 e Oeste, Rúa 2-d. Cédese no presente convenio únicamente 4.200 metros cuadrados (...)".
En data 9.05.05 "Xestur Pontevedra, S.A." presenta escrito no que se comunica o seguinte: "(...) El pasado día 25 de abril quedó aprobada definitivamente la modificación puntual del Plan Parcial del suelo residencial de San Paio de Navia, lo cual permitirá al IGVS dar eficacia al pago en suelo de los terrenos expropiados al Obispado reflejados en las actas de ocupación de las fincas nº 72, 85, 86 y 159 formalizadas con fecha 18/7/00 y por los cuales se entrega al Obispado un superficie de 2500 m2 situada en la parcela S-1 del Plan Parcial y regulada por la Ordenanza del artículo 69. En consecuencia, de la citada finca S-1, que de acuerdo con el planeamiento tiene una superficie de 6700 m2 se segregan los 2.500 m2 mencionados que serán entregados al Obispado para destinarlos a un Complejo parroquial de uso religioso. En base a lo anterior, se solicita del Ayuntamiento autorice la segregación del uso mencionado dentro de la parcela S-1, al objeto de proceder posteriormente a formalizar en escritura pública la entrega al Ayuntamiento en concepto de pago del justiprecio (...)".
A solicitude é segregación é reiterada por escritos de 15 e 22 de setembro de 2005. Unha vez asinado o convenio e presentado á inscripción, se inmatriculan todas as fincas descritas no mencionado documento a excepción da parcela destinada a equipamento social na etapa II. O escrito de 18.01.06 o Rexistrador da Propiedade comunica o seguinte: "(...) No expositivo quinto do aludido Convenio consta que, logo da execución de parte das obras contidas no proxecto de urbanización -etapas I, II e III- e, de acordo co previsto no Plan Parcial, modificado e aprobado definitivamente polo Concello, en Pleno o 25 de abril de 2005, resultou obxecto de , entre outras fincas a seguinte parcela de cesión de equipamento: O 20.10.05 o Vicepresidente da XMU resolveu o seguinte: "(...) Estimar a solicitude formulada por sobre segregación dunha parcela de 2500 m2 destinada a equipamento social no Plan Parcial de Navia, consonte a documentación presentada polo interesado, declarando a innecesariedade da licenza de parcelación para os efectos do disposto no Art. 259 R.D.Leg 1/1992, de 26 de xuño e Arts 78 e ss. Do RD 1093/1997, do 4 de xullo, sobre inscripción no Rexistro da Propiedade de actos de natureza urbanística (...)".

FUNDAMENTOS LEGAIS E CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS.
O Convenio aprobado por acordo da Xunta de goberno local de 22.06.05 e asinado con posterioridade, describía a parcela destinada a equipamento social na etapa II cunha superficie de 6700 metros cuadrados, tal e como se fixo mención no acordo de aprobación definitiva da modificación do Plan Parcial de Navia. "Xestur Pontevedra, S.A." comunica en xullo de 2005 que na execución do ámbito, chegou a un acordo co Obispado (titular das parcelas números 72, 85, 86 e 159) no trámite expropiatorio no que se establecía como forma de pago a entrega dunha parcela sita no equipamento social cunha superficie de 2500 metros cuadrados.
Sen entrar a valorar o procedemento de execución do ámbito con respecto á permuta das parcelas do Obispado por solo destinada a equipamento, por resolución da Vicepresidencia da XMU de data 20.10.05 se chegou á conclusión de que non resultaba necesario ningún acto municipal de autorización para a división do terreo.
Tendo en conta a denegación parcial da inscripción do contido do convenio unicamente no que afecta a parcela S-I, precísaxe da descripción detallada da parcela que realmente se cede ó Concello, cos seus lindeiros. Acto seguido, procederase a súa inscripción no Rexistro da Propiedade.
De acordo co previsto nos fundamentos legais e xurídicos contidos no presente informe se propoñe á Xunta de Goberno Local:

1.- Aprobar a rectificación da descripción da parcela de equipamento social da fase II, contida no apartado terceiro (punto dous) do acordo da Xunta de Goberno Local de 22.06.05, reflexando a parcela do seguinte xeito: Parcela sita na etapa II (Parcela S-1), destinada a equipamento social. Mide a superficie de cuatro mil doscentos metros cuadrados (4.200 m2). Linda: Norte: Parcela do Obispado e espacio libre P-2; Sur: Rúa 2-f; Leste: espacio libre P-2; Oeste: rúa 2-d e parcela do Obispado. Así­ mesmo, rectificar o contido do texto do convenio que se aprobou polo mesmo acordo da Xunta de Goberno Local de 22.06.05, no que respecto o punto 3 da parte expositiva, punto dous no seguinte sentido: Parcela sita na etapa II (Parcela S-1), destinada a equipamento social. Mide a superficie de cuatro mil doscentos metros cuadrados (4.200 m2). Linda: Norte: Parcela do Obispado e espacio libre P-2; Sur: Rúa 2-f; Leste: espacio libre P-2; Oeste: rúa 2-d e parcela do Obispado. Cédense os 4.200 metros cuadrados da parcela.

2.- Dar conta da presente resolución a "Xestur Pontevedra, S.A.".

3.- Proceder á realización dos trámites necesarios para a inscripción da parcela destinada a equipamento social contida na etapa II.

4.- Comunicar ós interesados que contra o presente acordo cabe interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes perante esta Administración ou, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo de Vigo.

Sr. Ruí­z Ceniceros: Este Convenio prevé ceder parte dunha parcela (2500 m2) ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para equipamento social, posteriormente este Organismo o cederá ó obispado co que pasaría de dominio público a privado . Habería que desafectalo, non cremos que estea claro o carácter do equipamento no informe. Secretario: É equipamento social de carácter privado.
  • No se han encontrado comentarios
Powered by Komento