noticias-blog

Viernes, 29 Marzo 2024

LA XUNTA INICIARA UN PROCESO DE REVERSION CONTRA RABO DE GALO

A Consellería de Vivenda e Solo iniciará un proceso de reversión da titularidade das parcelas 1 e 2 de San Paio de Navia se a promotora non inicia as obras das 425 vivendas protexidas previstas no prazo dun mes.
A UTE é propietaria das parcelas desde hai catro anos, dispón de licenza de obra desde agosto de 2005, pero aínda non iniciou as obras
A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe Teresa Táboas, concede un prazo dun mes para que a empresa propietaria das parcelas 1 e 2 do Polígono de San Paio de Navia (Rabo de Galo) inicie a construción das 425 vivendas protexidas previstas neses terreos. En caso contrario, o departamento autonómico iniciará un proceso de reversión da titularidade das parcelas que serían adquiridas pola Consellería.
Trátase de dúas parcelas, unha de 4.726 metros cadrados cunha edificabilidade prevista para 278 vivendas, e a parcela 2 de 3.000 metros cadrados, cunha edificabilidade de 192 vivendas protexidas.
A UTE adxudicataria destas parcelas é propietaria dos terreos desde hai 4 anos e ten licenza de obra desde agosto de 2005. Sen embargo a día de hoxe non iniciou as obras nin comunicou razón algunha que xustifique porque non se iniciasen as obras, de aí­ a decisión do departamento que dirixe Teresa Táboas, que onte se lle transmitiu aos responsables a promotora nunha reunión mantida co delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo, Eudosio Álvarez. A Consellería de Vivenda e Solo púxose en contacto coa UTE para comunicarlle oficialmente que dispón do prazo dun mes para iniciar a obra, xa que doutra forma estaría incumprindo o principio de función social que motivou a adquisición e urbanización dos terreos con recursos públicos coa finalidade de que albergaran vivenda protexida.
O departamento que dirixe a conselleira non vai a permitir en ningún caso comportamentos polos que se reteña solo residencial promovido con recursos públicos, con destino a vivenda a prezo taxado, porque supón un prexuí­zo evidente para os cidadáns con máis dificultades para acceder a unha vivenda.
Por outro lado, Vivenda solicitará ao Concello de Vigo que vixí­e a seguridade nesas dúas parcela, xa que na parcela 1 existe unha escavación realizada polos promotores que coas últimas choivas creou unha piscina artificial que podería ofrecer algún perigo senón se toman medidas de protección, cuestión que compete ao Goberno Municipal.
Con esta e outras medidas, a Consellería pretende garantir a correcta execución de todas as actuacións previstas no Polígono de San Paio de Navia, tendo en conta que se trata da maior actuación de vivenda protexida de Vigo que, cando esté finalizada, albergará a 4.000 familias. Este mesmo venres serán adxudicada a contratación das obras para reparar a rede de saneamento, a reurbanización das etapa primeira e segunda, e a urbanización da terceira etapa fase A.
Ademais, acaba de ser adxudicada a elaboración do proxecto para a construción do Parque de San Paio de Navia, cunha extensión de 109.000 metros cadrados e un investimento de 6 millóns de euros. Os once proxectos presentados permanecen expostos na Casa das Palabras en Vigo.
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

Próximos eventos

No hay eventos

Colaboran con esta web