noticias-blog

Lunes, 17 Enero 2022

LA CONSELLERIA DE VIVENDA ABRE EL PLAZO PARA LAS 2 PARCELAS RESTANTES

A CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS PARA A ADQUISICIÓN DE DÚAS PARCELAS EN SAN PAIO DE NAVIA.
O prazo para presentar propostas permanecerá aberto ata o 16 de novembro.
Ambas parcelas suman 2.000 m2 e adxudicaranse como unha única peza por importe de 6.713.167 €
Terán consideración preferente para a adxudicación das parcelas edificables as propostas plantexadas por promotores sociais sen ánimo de lucro como as cooperativas e empresas con mulleres.
A Consellería de Vivenda e Solo abre mañá o prazo de presentación de ofertas para a adquisición de dúas parcelas na área residencial de San Paio de Navia en Vigo. Trátase das parcelas P-XIX e P-XX destinadas exclusivamente á construción de vivenda de protección autonómica de prezo xeral. As dúas parcelas constitúen unha unidade indivisible e o prezo de venda fixado é de 6.713.167,36 euros. O prazo para presentar ofertas permanecerá aberto ata o vindeiro día 16 de novembro.
A esta convocatoria poderán presentarse cooperativas de vivenda, ademais de promotores privados e entidades de carácter social sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo a promoción e construción de vivenda a prezo taxado. Terán consideración preferente para a adxudicación das parcelas edificables as propostas plantexadas por promotores sociais sen ánimo de lucro como as cooperativas, e empresas con mulleres. As parcelas P-XIX e P-XX de San Paio de Navia suman 2.000 m2 e o prezo fixado para a súa venda é inamovible, polo que as ofertas económicas presentadas a concurso que supoñan tanto un incremento como unha minoración do mesmo quedarán automaticamente excluídas. O obxectivo é acadar un proxecto de calidade arquitectónica e construtiva para as vivendas protexidas, de aí­ que se fixe o prezo que se considera adecuado e non se acepten modificacións.
A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe Teresa Táboas, valorará fundamentalmente a calidade da proposta arquitectónica, o anteproxecto das vivendas e do entorno das mesmas, así­ como o carácter innovador das solucións construtivas, referidas especialmente á sostenibilidade e ao cumprimento do novo Código Técnico da Edificación. Unha vez adxudicadas ás obras, o adxudicatario disporá dun prazo de 8 meses, a partir da data de notificación da adxudicación definitiva, para iniciar a construción das vivendas.
A construción de vivenda protexida será unha actuación conxunta nas dúas parcelas que dará lugar a 192 vivendas. Serán Vivendas de Protección Autonómica de réxime xeral (VPA), destinadas a persoas con rendas de entre 2,5 e 5,5 veces o Indicador de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM), aínda que so recibirán axudas directas da Administración aquelas persoas cuxa renda non supere en 3,5 veces o IPREM, 1.676,85 € ao mes.
O prezo máximo de venda destas vivendas é de 1.112,3 € por metro cadrado útil. Así­, por exemplo, o prezo máximo dunha vivenda de 75 metros cadrados, con garaxe e rocho, sería de 105.446,4 €.
O prego de bases que rexerá o concurso pode consultarse na Consellería de Vivenda e Solo (Polígono de Fontiñas - Área Central s/n), e na Delegación Provincial de Pontevedra (Alcalde Hevia nº7)
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

Próximos eventos

No hay eventos

Colaboran con esta web