noticias-blog

Sábado, 20 Abril 2024

MOCION DEL BNG EN EL PLENO DEL AYUNTAMIENTO DEL LUNES.

Achégolles a moción que vai defender a concelleira do BNG, María Méndez, no pleno do vindeiro luns 26/02 sobre actuacións que hai que desenvolver no PAU de Navia.
EXCMA. SRA. ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE VIGO.


María Méndez Piñeiro, no nome propio e en representación do grupo municipal do BNG, presenta para o seu debate no vindeiro Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O PAU de Navia estaba nunha situación lamentable cando foi asumido pola actual Consellería de Vivenda, diseñándose a partir de entón unha actuación integral e con criterios de sostibilidade, que cando este rematada fará del un dos barrios dos que os vigueses e viguesas nos poidamos sentir orgullosos.

Lamentablemente a implicación amosada pola Consellería de Vivenda non ten o seu reflexo na Administración local. Desde que o Concello recepcionou o 80% do PAU nada se fixo polo seu mantenemento, nin mellora, pese ás repetidas queixas dos máis de 1.000 veciños e veciñas que xa viven nel e que ven como non se arranxas as deficiencias e se degrada progresivamente o contorno.

Un dos maiores problemas para a veciñanza son os accesos peonís, xa que o segundo cinto e a avenida de Ricardo Mella rodean o PAU e o convirten nunha especie de illa. É necesario percorrer 1,5 km. para facer un percorrido que en liña recta serían só 150 metros. Por outra banda, un dos pasos de peóns existentes debaixo da intersección do segundo cinto é extremadamente perigoso, xa que adoece de medidas viarias de protección e os vehículos pasan a gran velocidade pola zona. Xa no interir do núcleo e na rúa Teixugueiras só existen dous pasos de peóns separados un do outro por unha gran distancia, o que conleva que se cruce por lugares non sinalizados, co conseguinte risco para as persoas.

Outro dos problemas é o insuficiente servizo de transporte urbano. Somentes dúas liñas de autobuses van ao PAU, pese a ter un fin de liña a menos de 200 metros no cemiterio de Coia. Do mesmo, a limpeza brila pola súa ausencia. Hai maleza nas beirarrúas e hai verquidos procedentes das obras en moitos lugares, comenzando os roedores a ser xa uns veciños mais. O mantemento de parques e xardíns tamén é inexistente.

Só a falta de xestión, vontade política e interese polos veciños e veciñas de Navia que ten este goberno explica esta situación de abandono. Creemos que xa é hora de que asuma as responsabilidades que lle corresponde e vele pola calidade de vida e benestar de todos e todas os que alí­ viven.
E por isto que solicitamos a este Pleno que se adopten os seguintes.
ACORDOS:
-Que de forma inmediata se proceda a dotar dos correspondentes sistemas de seguridade viaria aos accesos peonís do PAU de Navia e nomeadamente o situado na intersección do segundo cinto VG20 coa Avda. Ricardo Mella.
-Que se estude a posibilidade de artellar novos accesos que fagan máis doada a comunicación con Coia e Navia.
-Que se acometa a sinalización vertical e horizontal precisas na parte do PAU xa transferida ao Concello.
-Que se prolonguen as liñas de autobuses urbanos que teñen o seu remate no cemiterio de Coia para darlle servizo aos veciños de Navia.
-Que se proceda a realizar a limpeza axeitada das beirarrúas e se recolla todo o lixo verquido.

Vigo 16 de febreiro do 2007

Asdo.:Mª Xosé Méndez Piñeiro
Concelleira do Grupo Municipal doBNG
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

Próximos eventos

No hay eventos

Colaboran con esta web