noticias-blog

Viernes, 29 Marzo 2024

REPARACION DA REDE DE SANEAMENTO E REURBANIZACION

O prazo total de execución das obras será de 8,5 meses e a reparación da rede de saneamento serán os traballos de inicio inmediato, cun investimento de 1,3 millóns de €
Táboas: "Vamos aproveitar a obra para humanizar a urbanización da primeira e segunda fase con novo mobiliario, incrementando o número de árbores nas beirarrúas e nas rotondas e mellorando tamén a iluminación"
As obras de reparación da rede de saneamento permitirá ir levantado en paralelo informes periciais para a posterior esixencia de posibles responsabilidades
A Consellería de Vivenda e Solo que dirixe Teresa Táboas licitará a próxima semana por un importe de 3.956.289 euros as obras de reparación da rede de saneamento de San Paio de Navia, as de reurbanización da primeira e segunda etapa, e as obras de urbanización dos terreos da terceira etapa fase A. A licitación será por concurso público, cun mes para recibir todas as ofertas, e as empresas que concorran disporán de 8,5 meses como prazo máximo de execución das obras.
A empresa adxudicataria iniciará os traballos pola obra de maior urxencia: a reparación de toda a rede de saneamento da urbanización, tanto de pluviais como de fecais, danada nunha porcentaxe entorno ao 70%. A previsión da Consellería de Vivenda é que o groso desa reparación estea ultimada en setembro-outubro. "Os veciños estarán puntualmente informados dos pasos a dar nesta obra, pola súa complexidade e os obvios inconvintes que provocará e que tentaremos minimizar", explica Teresa Táboas. O importe desta obra ascende a 1,3 millóns de euros, é incluirá tamén actuacións para mellorar a urbanización xa executada correspondente á primeira e segunda etapas da urbanización.
"Vamos aproveitar a obra para humanizar a urbanización que herdamos da primeira e segunda etapa instalando novo mobiliario urbano, triplicando o número de árbores nas beirarrúas e tamén colocando vexetación e árbores en todas as rotondas, onde ademais incrementaremos a iluminación. O obxectivo é facer un esforzo por acadar un entorno que invite a socializar e usar os espazos comúns, tendo en conta que falamos dun barrio no que vivirán máis de 4.000 persoas", argumenta Táboas.
Como xa anunciara na súa visita a Navia a conselleira, o departamento autonómico considera que "a prioridade é reparar a rede de saneamento en canto as condicións climáticas fixeran posible a obra, e despois será o momento de esixir as responsabilidades ás que houbese lugar, tendo en conta ademais que vamos aproveitar as escavacións e reparacións para ir facendo peritaxes en paralelo dos desperfectos", aclara a titular de Vivenda.
Ao mesmo tempo, a Consellería de Vivenda e Solo licita a urbanización dos terreos da terceira etapa, -en concreto da terceira etapa fase A-, cunha superficie aproximada de 86.000 metros cadrados. A urbanización establecerá dous grandes viais que enlazan coa da primeira e segunda etapa do polígono e co núcleo tradicional de Navia.
Ademais, a urbanización en canto a mobiliario, arborado e criterios de iluminación seguirá unha liña de coherencia co conxunto de Navia unha vez introducidas as melloradas polas obras que agora se licitan obras. "Con isto pretendemos axilizar o proceso todo o posible para ter listas unhas parcelas que poderán albergar arredor dunhas 400 novas vivendas protexidas", indica.
Terceira etapa fase B, cuarta e quinta etapa A Consellería tamén encargará a próxima semana, a través de Xestur-Pontevedra, a contratación da asistencia técnica para elaborar os estudios de revisión do parcelario, estudio topográfico e estudio xeotécnico correspondentes aos terreos que integran a fase B da terceira etapa, e os terreos da cuarta e quinta etapa, cunha extensión aproximada de 260.000 metros cadrados. O orzamento para estes estudios ascende a 22.000 €.
"O obxectivo é adiantar a construcción das vivendas protexidas na cidade de Vigo e por iso queremos ter adquirido todo o solo que aínda resta en Navia antes de finalizar 2006", conclúe Táboas.
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

Próximos eventos

No hay eventos

Colaboran con esta web