COMUNICADO DE PRENSA AVV NAVIA.

ASOCIACION VECIÑAL DE NAVIA
RUA BRAVO,6
36212 VIGO



COMUNICADO DE PRENSA

A Asociación Veciñal de Navia quere manifestar a sua preocupación pola situación de abandono no que o Concello de Vigo ten o novo barrio de As Teixugueiras na parroquia de Navia.

De tempo atrás, e o que é mais grave o Concello é coñecedor, vimos denunciando sistematicamente a situación de risco sanitario no que está  o barrio.

Hoxe tocanos lembrar que a Conselleria de Vivenda fai meses ten cedido o Concello a zoa destinada a dotacions deportivas e que na actualidade é unha parcela onde os entullos acumulanse, asi como os roedores e todo tipo de insectos parasirarios que estan a causar problemas sanitarios entre a multitud de novos rapaces que pasan as tardes nas suas inmediacions e que evidentemente está a crear unha alarma social entre os pais e nais asi como o resto dos novos residentes.

Polo tanto o Concello e a sua alcaldesa (tan amante das frores e xardins varios) ten competencias e responsabilidade no que está ou poda acontecer coa suba das temperaturas.

DEMANDAMOS, ESIXIMOS que o Concello de Vigo tome as medidas oportunas que lle corresponden , pois en caso contrario e ante a posibilidade dunha desgracia sanitaria serian directa, política e penalmente responsabeis


Navia a 29 de Maio do 2006
A XUNTA DIRECTIVA

Xosé Sánchez Blazquez
  • No se han encontrado comentarios
Powered by Komento