ADJUDICADA LA REPARACION DEL SANEAMIENTO.

O departamento que dirixe Teresa Táboas valorou a oferta económica e a experiencia da empresa en obras similares a que debe executar, ademais da rebaixa no prazo de execución das obras a seis meses
As obras iniciaranse de inmediato empezando polos traballos de reparación.
A Consellería de Vivenda e Solo que dirixe Teresa Táboas adxudicou hoxe as obras de reparación da rede de saneamento de San Paio de Navia, a reurbanización da primeira e segunda etapa e a urbanización da terceira etapa fase A á empresa viguesa Movex-Vial por un orzamento de 2.878.741,94 €. A oferta presentada pola empresa establece un prazo de execución de seis meses.
A Consellería contrata a obra a través de Xetur-Pontevedra, cuxo consello de administración elixiu esta empresa dun total de 22 ofertas presentadas. O departamento que dirixe Táboas valorou tanto a oferta económica, que supón unha reducción do 27,24% no orzamento de licitación da Consellería, -3.956.289 €-, como pola oferta técnica.
Neste último caso, valorouse a reducción no prazo de execución das obras, dos 8,5 meses máximos previstos polo departamento autonómico aos seis meses recollidos na proposta da empresa gañadora. Ademais, valorouse o programa de obras, a equipa técnica presentada, o grado de especialización do persoal, e a experiencia noutras obras similares.
A empresa adxudicataria iniciará os traballos á maior brevidade, empezando polas obras de reparación de toda a rede de saneamento da urbanización, tanto de pluviais como de fecais, danada nunha porcentaxe entorno ao 70%. A previsión da Consellería de Vivenda é que o groso desa reparación estea ultimada en setembro-outubro.
Ademais, procedese a reurbanización da primeira e segunda etapa, coa instalación de novo mobiliario urbano, triplicando o número de árbores nas beirarrúas e tamén colocando vexetación e árbores en todas as rotondas, onde ademais se incrementa a iluminación. Ao mesmo tempo, a empresa emprenderá as obras de urbanización dos terreos da terceira etapa fase A, cunha superficie aproximada de 86.000 metros cadrados. A urbanización establecerá dous grandes viais que enlazan coa primeira e segunda etapa do polígono e co núcleo tradicional de Navia.
  • No se han encontrado comentarios
Powered by Komento