noticias-blog

Viernes, 28 Enero 2022

Veciños de Navia demandan semáforos en Ricardo Mella

A Asociación Veciñal de Navia se manifesta o venres 28 de outubro ás 21'00 horas no cruce das Rúas Xuncal e Avda. Ricardo Mella para presionar ao Concello de Vigo e a Fomento para a instalación de semáforos e paso de cebra. A Asociación Veciñal de Navia se manifesta o venres 28 de outubro ás 21'00 horas no cruce das Rúas Xuncal e Avda. Ricardo Mella para presionar ao Concello de Vigo e a Fomento para a instalación dos semáforos que retirou co inicio das obras do 2º Cinturón de Circunvalación.

A retirada destes semáforos dificulta, casi imposibilitando, a saida dos veciños de Navia pola Rúa Xuncal en dirección ao centro de Vigo por mor do elevado tráfico que rexistra a Avenida Ricardo Mella. Esto obriga aos conductores procedentes de Navia desprazarse ata a rotonda de Muiños, baixo o Cinturón de Circunvalación, para poder dirixirse en sentido ao centro urban de Vigo. Os mesmos problemas se rexistran para aqueles vehículos procedentes da Rúa do Caramuxo.

Por outra banda, tamén se reclama a instalación e pintado de pasos de cebra no cruce de Xuncal con Ricardo Mella para que os numerosos residentes de Navia que traballan nas industrias do Polígono do Caramuxo poidan transitar e atravesar sen perigo estas rúas.

As mobilizacións repetiranse en sucesivos dias con corte de tráfico ata que as demandas dos veciños sexan atendidas.
-----------------------------------------------------------------
AV Navia
Rúa Bravo, 6, 36212 - Vigo
Tel./Fax: 986 241 534
www.avnavia.org
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

Próximos eventos

No hay eventos

Colaboran con esta web