noticias-blog

Jueves, 09 Diciembre 2021

NAVIA SE OPONE A LA CREACION DE PLAZAS XER EN TEIXUGUEIRAS

21_04_09_xerLos vecinos de San Paio de Navia, a travésde la Asociación de Vecinos, consideran que la creación de plazas bajo la cobertura de la XER (Xestión de Estacionamento Regulado) por parte de la Concejalía de Tráfico del Ayuntamiento de Vigo, dirigida por Xulio Calviño, es una «idea desmedida», y han mostrado su total oposición a esta posible situación.
Del mismo modo, los vecinos han aprovechado un escrito remitido a los medios de comunicación, para incidir en que sus propuestas no han recibido respuesta por parte de los responsables de este departamento, ya que entienden que esta zona de regulación del aparcamiento es más propia de áreas comerciales situadas en el centro de la ciudad, pero no de una zona «eminentemente residencial». continuación se trascribe textualmente el escrito enviado al Ayuntamiento.

Estimado Señor Calviño.

Esta Asociación Veciñal, por medio do presente escrito, quere expresar o seu total rexeitamento e oposición á intención, por parte da Concellería de Tráfico que vostede dirixe, de dar pulo á idea desmedida da creación do XER (Xestión de Estacionamento Regulado) na Parroquia de Navia, así­ mesmo queremos expresarlle o noso malestar pola escasa ou nula atención que lle ten prestado ás nosas demandas e propostas.

Entendemos que teña que haber ou existir unha zona azul controlada alí­ onde o demanda a actividade comercial para darlle rotación ós vehí­culos, pero non nunha zona nova de carácter eminentemente residencial, a non ser que a súa pretensión sexa única e exclusivamente a recadación. Non comprendemos como vostede ten a ousadí­a de propor como única solución ó problema de tráfico e aparcadoiro que sufre a zona nova de Navia, o cobro á veciñanza por aparcar na rúa pública, como se dese xeito xa quedara arranxado o problema (que afecta case en exclusiva a persoas residentes e non tanto a persoas usuarias de servizos no barrio), e omitindo todas aquelas demandas relativas ao seu departamento que lle vimos facendo desde vai tempo, e que son realmente importantes. Neste senso, lembrámoslle que a última xuntanza, e única polo de agora, que mantivemos con vostede foi o 5 de Xaneiro de 2008 (sí­, 2008), e iso que tivemos que demandarlle ante a prensa, de forma irónica para ver se ó fin nos fací­a caso, uns cantos centos de chalecos reflectantes para repartir entre a veciñanza, dados os problemas dos accesos peoní­s.

Daquela reuní­monos con vostede e todo foi moi bo "talante", pero nada máis, nin se cumpriu nin se solucionou ningunha das demandas que os responsábeis da Asociación Veciñal alí­ lle formulamos, tampouco atendeu a ningunha das queixas e suxestións recollidas nos múltiples escritos e documentos de propostas que lle temos achegado: beirarrúas ó polí­gono do Caramuxo, pasos peoní­s elevados en distintos puntos da parroquia, lí­mites de velocidade axeitados para a incorporación a Teixugueiras dende o cinto, control dos vehí­culos aparcados nas rotondas, nas aceiras e nas entradas ós garaxes, xa que obrigan ós residentes a subir pola beirarrúa para saí­r ou entrar aos mesmos, control dos coches aparcados en zonas para persoas discapacitadas, control de vehí­culos aparcados en zonas verdes (aí­nda sen acondicionar pola concellerí­a de parques e xardí­ns), control de camións de desterro e de outros alleos ás obras a ao barrio que circulan libremente pola zona residencial, control de vehí­culos a velocidade elevada que pasan por distintos puntos da parroquia (diante do colexio, Alameda da Devesa...), control do aparcamento de camións-trailer estacionados na zona, imcumprindo a propia normativa do concello, comunicación segura e axeitada cara a zona de Coia, e poderí­amos seguir.

Señor Calviño, temos demandado en reiteradas ocasións xuntanzas con vostede pero segue sen respostar; dende aquí­ querémoslle lembrar que somos nos os seus administrados, pero tamén queremos deixarlle presente que vostede está aí­ porque o puxemos nos, que os mandatos son limitados e que en Navia vivimos varios miles de persoas votantes para as que resulta moi molesto que a única resposta súa a todas as demandas feitas sexa poñer zona azul.

Asdo: Xunta Directiva-Presidente AAVV NAVIA.
NAVIA-VIGO, 13 de febreiro de 2009
  • No se han encontrado comentarios

Ultimos anuncios publicados

Próximos eventos

No hay eventos

Colaboran con esta web